|
NOVAS

|
|
Consultar hemeroteca: 2008
| A ESPECIALIDADE DE BANDA DESEÑADA XA CONTA CON GAÑADORES! (16-07-2008) | Publicamos as obras e os autores que resultaron vencedores na presente edición.
Xa contamos cos primeiros resultados desta edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos. Poñemos ao público a listaxe dos premios resultantes da deliberación do xurado da especialidade de Banda Deseñada.
O resultado son tres creadores premiados e unha mención de honra. Os seus nomes e apelidos están dispoñibles na sección da especialidade.
| | | · Os gañadores >>
|
| INTEGRANTES DO XURADO DE BANDA DESEÑADA (11-07-2008) | Publicamos os membros do tribunal que valorará as obras desta especialidade Chegou o momento!. Xa contamos coa relación dos membros do xurado que valorarán as obras presentadas na especialidade de Banda Deseñada. A partir deste momento debedes estar atentos á información que iremos colgando neste portal, xa que a maquinaria da edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos púxose en funcionamento.
A ligazón situada ao pé desta noticia levaravos á sección desta especialidade, onde están publicados os membros do xurado.
| | | · Os Membros do Xurado >>
|
| ACHÉGASE O FIN DO PRAZO PARA PRESENTAR AS VOSAS OBRAS (09-06-2008) | O luns 30 de xuño é o último día para solicitar a participación no Gzcrea 2008
Xa falta menos!!. Chegou o mes de xuño, no que finaliza o prazo de presentación de obras para participar no Certame Galego de Creadores Novos Gzcrea 2008.
Dispoñedes de prazo ata o vindeiro luns día 30 para formalizar as vosas solicitudes e poder participar na presente edición que, como ben sabedes, inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, videoclips, composición para banda de música e deseño de xoias.
Ofrecemos nas ligazóns asociadas toda a información necesaria. INSCRIBÍDEVOS!!!
| | | · Bases Xerais >>
· Inscrición 08 >>
|
| PRESENTACIÓN DO GZCREA 2008 (05-05-2008) |
www.vicepresidencia.xunta.es. 30 de abril de 2008.:
`Quintana sinala o certame GZCREA 2008 como plataforma de lanzamento para os novos creadores galegos´. 
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, presentaron en Compostela a terceira edición do certame GZCREA 2008, unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia en colaboración coas consellerías de Innovación e Cultura que pretende erixirse nunha canle a través da cal dar a coñecer os novos talentos do país, ofrecendo un espazo de difusión aberto e unha plataforma de lanzamento de cara ao mercado para a nova creación galega.
Quintana asegurou que Galiza conta cunha potente industria das ideas: "A creación galega está de moda, tanto no país como fóra del", e neste senso, engadiu que "hai unha industria fértil, xeradora de imaxinación e de creatividade, pero tamén de beneficios económicos e de postos de traballo, que hai que seguir alimentando para garantir a súa renovación". Por iso, afirmou que "GZCREA é a canteira que asegura o relevo xeracional e a continuidade da industria galega do talento", constituíndo ao mesmo tempo "unha oportunidade e un estímulo".
O certame de novos creadores é "unha oportunidade" para dar a coñecer aos novos talentos galegos nun amplo abano de especialidades, como o teatro, a moda, a música, o relato, a banda deseñada e o graffiti, entre outros. Neste senso, GZCREA actúa como un escaparate e una auténtica plataforma de lanzamento destes novos valores. Como exemplo, Quintana citou algúns creadores recoñecidos que se deron a coñecer a través deste certame, como Kiko Dasilva, David Rubín ou Carlos Maciá.
| | | · A Nova ao completo >>
|
| INICIA A SÚA ANDANZA GZ CREA 08: CERTAME GALEGO DE CREADORES NOVOS (14-04-2008) | 
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, videoclips, composición para banda de música e deseño de xoias.
Acreditamos na creatividade da mocidade galega, apostamos por crear estímulos e canles de comunicación para a súa divulgación como modelos reais de presente e de futuro. O que pretendemos e implicarnos de xeito activo coa mocidade galega na procura de ferramentas e espazos que permitan estimular e vehicular as múltiples inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega.
Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2008.
A solicitude dos/das participantes deberá facerse no impreso normalizado, e entregarase tamén a documentación xeral que se explicitan nas bases, así como, a documentación específica de cada especialidade, que se atopa nesta web, en cada unha das súas seccións.
Cada participante poderá presentar unha obra por especialidade, ou por modalidade no seu caso, establecendose os seguintes premios por especialidade (teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, videoclips, composición para banda de música e deseño de xoias):
* Un primeiro premio de 3.000 euros
* Un segundo premio de 1.500 euros
* Un terceiro premio de 1.000 euros
Con carácter xeral, poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades a aquelas obras que, a xuízo da comisión seleccionadora, acaden calidade bastante. Así mesmo, poderanse conceder mencións de honra que carecerán de dotación económica, ás obras dos/as participantes menores de idade para os efectos de recoñecemento da súa participación.
Nas ligazóns asociadas atoparás toda a información necesaria, ENTÉRATE E PARTICIPA!!!
· Bases Xerais 08 >>
· Inscrición 08 >>
| | · Bases das Especialidades 08 [PDF] | |
|
Consultar hemeroteca: 2008
|
|