|
NOVAS

|
|
| A GALA FINAL Gzcrea 2008, EN IMAXES (18-12-2008) | 
Hoxe abrimos ao público a galería de imaxes da Gala Final de entrega de premios do Certame Galego de Creadores Novos Gzcrea 2008. Un par de fotografías ilustran a emocionante xornada celebrada o pasado 16 de decembro no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Como xa saberedes, os asistentes poideron ollar as propostas gañadoras nas especialidades de videocreación, teatro e música e entregáronse os correspondentes premios, xunto aos galardóns de carteis, relato e poesía.
| | | · Galería da Gala >>
|
| AS COMPAÑÍAS DE TEATRO FINALISTAS, NA GALERÍA DE IMAXES (09-12-2008) | Publicamos unha selección das mellores fotos da final da especialidade
Comezamos a semana con novidades!. Dende agora mesmo podedes premer na sección Imaxes 08 e abrir a galería da especialidade de Teatro para contemplar e revivir, a todo cor, os momentos máis interesantes das representacións das obras que integraron a final.
Atoparedes novas fotografías dos tres primeiros premios e as correspondentes ás compañías finalistas que non resultaron galardoadas.
Botade uha ollada!
| | | · Galería de Teatro >>
|
| NOVO MATERIAL GRÁFICO EN `IMAXES 08´ (04-12-2008) | Publicamos máis fotografías da especialidade de Música
Continuamos engadindo material gráfico á web do Gzcrea. Aos poucos, a sección 'Imaxes 08' vai incorporando os momentos máis destacados da edición 2008 do Certame.
Hoxe comezamos poñendo ao público máis fotografías da especialidade de Música; completamos a galería con máis imaxes dos premiados e dos finalistas .
Queres botar unha ollada?
| | | · Galería de Música >>
· A especialidade >>
· Imaxes 08 >>
|
| A GALA FINAL DO GZCREA XA TEN DATA !! (01-12-2008) | Celébrase o vindeiro 16 de decembro, ás 20.00 h., no Teatro Principal de Compostela.
Achégase a agardada Gala Final de entrega de premios do Certame Galego de Creadores Novos Gzcrea 2008. O Teatro Principal (Rúa Nova, 21. Santiago de Compostela) acollerá este acto o vindeiro 16 de decembro, a partir das 20:00 horas.
O programa da Gala inclúe:
· Proxección do primeiro premio da especialidade de videocreación: Metamorfosis II, obra de Sheila Pazos Silva.
· Representación da obra de teatro gañadora: Presas, obra de Spasmo, do IES Santa Irene.
· Actuación do grupo de música gañador: Projecto [Trepia].
... e a continuación entregaranse os premios das especialidades de videocreación, teatro, carteis, música, relato e poesía.
Ao pé ofrecemos a invitación ao evento.
Imos?
| | · Invitación Gala Final [PDF] | · O Gzcrea 2008, en imaxes >>
|
| NOVAS IMAXES DA ENTREGA DE PREMIOS DE ARTES PLÁSTICAS (01-12-2008) |  Hoxe engadimos máis imaxes ás nosas galerías fotográficas. Acabamos de publicar catro instantáneas do acto de entrega de premios da especialidade de Artes Plásticas.
Se estiveches alí, ou simplemente estás interesado en botar un ollo, podes premer na ligazón que che ofrecemos ao pé.
| | | · A entrega de premios >>
|
| A ENTREGA DE PREMIOS DE DESEÑO DE XOIAS, EN IMAXES (25-11-2008) |  Engadimos máis material gráfico á web do Gzcrea 2008. Na sección Imaxes 08 poderedes atopar xa as fotografías da entrega dos tres premios da especialidade de Deseño de xoias.
Como xa informamos no seu momento, o pasado luns 24 de novembro tivo lugar no Espazo de Arte do Grupo Correo Gallego a inauguración da exposición na que participaron os 10 creadores finalistas.
| | | · Galería da especialidade >>
|
| NOVAS IMAXES DE OBRAS PREMIADAS NA PRESENTE EDICIÓN (25-11-2008) | Hoxe abrimos a galería da especialidade de Graffiti e engadimos as imaxes das obras premiadas en Artes Plásticas.
Xa dispoñemos de novas fotografías da presente edición do Gzcrea!. Abrimos a galería da especialidade de Graffiti e poñemos ao público as imaxes das obras premiadas en Artes Plásticas.
Dende hoxe mesmo podedes ollar e desfrutar da creatividade dos nosos mozos e mozas; se as queredes ver agora, ao pé ofrecémosvos as ligazóns.
| | | · Galería de Graffiti >>
· Galería de Artes Plásticas >>
|
| PUBLICAMOS OS PREMIOS DE DESEÑO DE XOIAS (25-11-2008) |  A edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos entra xa na súa recta final. Na xornada de hoxe poñemos ao público novos premios, neste caso os galardóns da especialidade de deseño de xoias.
Se estades interesad@s en saber cales foron as deseñadoras e as coleccións gañadoras, podedes premer na ligazón ao pé ou ir directamente á sección da especialidade.
Parabéns a tod@s os participantes!
| | | · As gañadoras de Deseño de xoias >>
|
| PREMIOS DA ESPECIALIDADE DE MODA (24-11-2008) | Poñemos ao público as coleccións gañadoras do Certame Galego de Creadores Novos de Moda-Tesoira 2008 Máis novidades!. Nesta ocasión achegámosvos o resultado da deliberación do xurado de Moda, que tivo lugar no Teatro do Centro Cultural Caixanova de Vigo o pasado 20 de novembro, despois da celebración do desfile das 10 coleccións finalistas no 'Certame Galego de Creadores Novos de Moda-Tesoira 2008'.
Xa podedes consultar as tres coleccións premiadas na sección da especialidade.
Parabéns a tod@s os participantes!
| | | · As gañadoras de Moda >>
|
| PUBLICAMOS OS GAÑADORES DA ESPECIALIDADE DE GRAFFITI (24-11-2008) | Comezamos a semana con novos premiados no Certame Galego de Creadores Novos Como xa saberedes, o pasado sábado día 22 celebrouse a final de Graffiti, no multiusos Fontes do Sar, no marco do festival Microfest.
Despois de varias horas nas que os nove finalistas pintaron as obras presentadas a concurso, a deliberación do xurado deu como resultado os tres galardóns que xa temos publicados na sección da especialidade. Se queredes botar un ollo, podedes premer na ligazón que ofrecemos ao pé desta nova.
Parabéns a tod@s os participantes!
| | | · Os gañadores de Graffiti >>
|
| PRIMEIRAS FOTOGRAFÍAS DA EDICIÓN DO GZcrea 2008 (17-11-2008) | Hoxe abrimos unha nova sección: Imaxes 08
Comezamos a semana con novidades!. Hoxe damos paso á imaxe para reflectir a traxectoria do Certame Galego de Creadores Novos na súa edición 2008.
Polo momento dispoñemos das fotografías das entregas de premios das especialidades de Artes Plásticas, Banda Deseñada, Música e Teatro, pero continuaremos publicando de xeito gradual.
Se vos interesa botar unha ollada, podedes premer na ligazón ao pé ou acceder a Imaxes 08, no menú lateral.
| | | · Imaxes 08 >>
|
| PREMIADOS NA ESPECIALIDADE DE TEATRO (14-11-2008) | Hoxe publicamos os grupos e as obras gañadoras na edición 08 do certame Gzcrea
Contamos cos novos resultados desta edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos. No día de hoxe poñemos ao público a listaxe dos premios concedidos despois da deliberación do xurado da especialidade de Teatro.
O resultado son tres grupos teatrais premiados. A información ao completo está dispoñible na ligazón ao pé, que vos levará á sección da especialidade.
Parabéns a tod@s os participantes!
| | | · Os gañadores de Teatro >>
|
| A ESPECIALIDADE DE POESÍA CONTA XA CON GAÑADORES (12-11-2008) | O resultado da deliberación do xurado: tres premios e unha mención de honra A edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos dispón de novos premiados. Despois da resolución da especialidade de Videocreación, hoxe publicamos aos gañadores de Poesía.
A deliberación do xurado deu como resultado tres creadores premiados e unha mención de honra. Para consultar os nomes dos galardonados podedes premer na ligazón que vos ofrecemos.
Parabéns a tod@s os particapantes!
| | | · Os gañadores de Poesía >>
|
| OS GAÑADORES DA ESPECIALIDADE DE VIDEOCREACIÓN (03-11-2008) |  Hoxe publicamos máis resultados da edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos. Agora poñemos a listaxe dos premios resultantes da deliberación do xurado da especialidade de Videocreación.
Neste caso os creadores premiados son tres máis una mención de honra. Os seus nomes e apelidos están dispoñibles na sección da especialidade.
Parabéns a tod@s os participantes!
| | | · Os gañadores de Videocreación >>
|
| GAÑADORES DA ESPECIALIDADE DE MÚSICA (29-10-2008) | Publicamos o resultado da deliberación do xurado. A edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos xa dispón de novos premiados. Despois da resolución da especialidade de Artes plásticas, hoxe publicamos aos gañadores de Música.
A deliberación do tribunal deu como resultado catro grupos premiados, xa que o terceiro premio foi compartido. Para consultar os nomes dos galardonados podedes premer na ligazón que vos ofrecemos.
Parabéns a tod@s os participantes!
| | | · Os gañadores de Música >>
|
| POÑEMOS AO PÚBLICO OS PREMIOS DE ARTES PLÁSTICAS (28-10-2008) |  Hoxe dispoñemos de máis resultados da edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos. Agora poñemos ao público a listaxe dos premios resultantes da deliberación do xurado da especialidade de Artes plásticas.
Neste caso os creadores premiados son tres máis una mención de honra. Os seus nomes e apelidos están dispoñibles na sección da especialidade.
Parabéns a tod@s os participantes!
| | | · Os gañadores de Artes plásticas >>
|
| POÑEMOS AO PÚBLICO OS PREMIOS DE RELATO (19-09-2008) |  Hoxe dispoñemos de máis resultados da edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos. Agora poñemos ao público a listaxe dos premios resultantes da deliberación do xurado da especialidade de Relato.
Neste caso son tres as creadoras premiadas. Os seus nomes e apelidos están dispoñibles na sección da especialidade.
Parabéns a tod@s os participantes!
| | | · As gañadoras de Relato >>
|
| GAÑADORES DA ESPECIALIDADE DE CARTEIS (16-09-2008) | Publicamos o resultado da deliberación do xurado. A edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos xa dispón de novos premiados. Despois da resolución da especialidade de Banda Deseñada, hoxe publicamos aos gañadores de Carteis.
A deliberación do tribunal deu como resultado tres creadores premiados e tres mencións de honra. Para consultar os nomes dos galardonados podedes premer na ligazón que vos ofrecemos.
Parabéns a tod@s os participantes!
| | | · Os gañadores de Carteis >>
|
| A ESPECIALIDADE DE BANDA DESEÑADA XA CONTA CON GAÑADORES! (16-07-2008) | Publicamos as obras e os autores que resultaron vencedores na presente edición. Xa contamos cos primeiros resultados desta edición 2008 do Certame Galego de Creadores Novos. Poñemos ao público a listaxe dos premios resultantes da deliberación do xurado da especialidade de Banda Deseñada.
O resultado son tres creadores premiados e unha mención de honra. Os seus nomes e apelidos están dispoñibles na sección da especialidade.
| | | · Os gañadores >>
|
|
|