GzCrea 2009. Certame galego de creadores novos

Xuventude.Net

BASES XERAIS'09

 
Participación no Certame 2009

A participación supón a aceptación total das condicións fixadas nas Bases Xerais 09 adxuntas, e unicamente a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación destas, así como para decidir a suspensión dunha especialidade no caso de non acadarse unha participación mínima de dez solicitantes previa comunicación aos mesmos.

A información contida nesta parte xeral debe ser cumprimentada co disposto na documentación específica de cada especialidade.


· Bases Xerais 09 [PDF]

ORDE CONVOCATORIA Gzcrea 09

Orde do 25 de marzo de 2009 pola que se convoca o programa Gzcrea 2009. DOG núm. 63, do 1 de abril.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen o programa Gzcrea 2009, que convoca a Consellería de Traballo e Benestar e que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias


· Orde do 25 de marzo de 2009 [PDF]

 
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Gzcrea 2009